miércoles, julio 6, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Ópera “Cavalleria Rusticana» en Vilalba

31 de marzo, 2019 - 19:30

Ópera “Cavalleria Rusticana" en Vilalba

O auditorio Carmen Estévez de Vilalba, acollerá o domingo 31 de marzo ás 19.30h, a ópera
“CAVALLERIA RUSTICANA” de P. Mascagni.

Cavalleria rusticana é un melodrama nun acto con música de Pietro Mascagni e libreto en
italiano de Giovanni Targioni- Tozzetti e Guido Menasci, baseado nun relato do novelista
Giovanni Verga. Considerada unha das clásicas óperas do verismo, estreouse o 17 de maio de
1890 no Teatro Costanzi de Roma .

Lugar: Auditorio Carmen Estévez
Día: 31 de marzo 2019
Hora: 19:30h
Duración:1h 15min.
Prezos:
Entradas Adultos: anticipada 10€ – o día da actuación 12€
Entradas Nenos: anticipada 5€ – o día da actuación 6€ ( de 6 a 18 anos inclusive)
Entradas Gratuíta Para Menores de 6 anos.
Venda anticipada na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17:30h a 21h., venda online
en Ataquilla.com
PARA TODOS OS PÚBLICOS.

Argumento.

É a historia dun amor roubado e vingado. O título alude ao código de honra dunha pequena
comunidade italiana, unha aldea de Sicilia, onde transcorre o drama, a finais do século XIX.
Antes de marchar a cumprir o servizo militar —antes de ser soldado—, o campesiño Turiddu foi
noivo de Lola, a quen xurou —como se di no libreto— fidelidade eterna. Cando regresa, Lola
casouse con outro. O seu marido é un home de certa posición económica: o carretero do pobo,
Alfio.

Turiddu, profundamente resentido, cun novo amor, “tratou de apagar a chama que ardía no seu
corazón”. Seduce a outra moza do pobo, Santuzza —Santa—, que se namora locamente del.
Lola, entón, envexosa da sorte de Santuzza, ardendo de celos, cede; fai caso a Turiddu. Lola
coquetea con Turiddu: acepta os seus galanteos. E é a propia Santuzza, quen, resentida e
desesperada tras o desprezo de Turiddu, cóntalle o enredo a Alfio, o marido que ela cre
burlado. Coa máis absoluta crueza: “Que mentres ides baixo a choiva e o vento para gañarvos
o pan, Lola adórnavos o teito de mala maneira!”. Enseguida, Santuzza arrepíntese: “Foi unha
infamia falarvos así!”. A traxedia, desátase. Turiddu mórdelle a orella a Alfio, o modo tradicional
siciliano de aceptar un duelo. Sangue: morte.

Turiddu e Alfio, os dous rivais, bátense en duelo nos arredores do pobo en pleno domingo de
Resurrección. Cúmprese o maleficio que Santuzza, desgarrada, lánzalle a Turiddu cando entra
na igrexa seguindo a Lola: “A che a mala Pasqua, spergiuro!” (Deséxoche unha mala Pascua,
perjuro!).

E tan mala! Polo berro dunha muller —”Mataron ao compadre Turiddu!”— sabemos que Alfio
cumpriu a súa sentenza: “Quero sangue, abandónome á ira; todo o meu amor volveuse odio”.

 

 

Detalles

Fecha:
31 de marzo, 2019
Hora:
19:30
Categoría del Evento:
X