
- Este evento ha pasado.
Patapum, de Elefante Elegante no Gustavo Freire de Lugo
12 de enero, 2020 - 18:30

Programación de teatro e música para público adulto e familiar no Auditorio Gustavo Freire
– Patapum, de Elefante Elegante, 12 de xaneiro
Premio María Casares Mellor Espectáculo Infantil 2019
Teatro familiar. Recomendada público infantil de 3-8 anos. Duración: 45 minutos
Elefante Elegante presenta un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical. PATAPATÚM propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materias nas relacións entre pais e fillos.
As nais e pais cun relativo poder económico, desexando a felicidade dos seus fillos, adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes e intentan buscarlles ocupacións permanentes para estimulalos, para que se desenvolvan e non se aburran. Pero o aburrimento non é sempre negativo, pode ser estructurante e desenvolver a súa creatividade. Por outra banda, pode acontecer que ese obxectos materiais, eses agasallos, intenten colmar a falta de tempo que os prexenitores teñen para adicar aos seus fillos.
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.
IMPORTANTE: NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMEZADA A FUNCIÓN, NIN CON COMIDA E BEBIDA.
PROHÍBESE A TOMA DE FOTOGRAFÍAS E GRAVACIÓN DO ESPECTÁCULO, TANTO NO QUE SE REFIRE A SON COMA A IMAXE, A EXCEPCIÓN DOS MEDIOS GRÁFICOS PREVIAMENTE AUTORIZADOS.
+ info 010 ou desde fóra de Lugo, 982 297350
Máis teatro e outros espectáculos no Auditorio:
– Curva España, de Chévere, 19 de xaneiro
– Trogloditas, de Tanxarina Títeres, 26 de xaneiro
– Poeta en Nova York, de Producións Paloma Lugilde, 29 de xaneiro
– Feo, de Caramuxo Teatro, 2 de febreiro
– Chola a IT girl, de Artesacía, 16 de febreiro
– Pinconús, de Pinconús, 5 de abril
– Furia Necesaria, de Aldaolado, 12 de abril
– Celebraré mi muerte, de Joan Fernández, 19 de abril
– Falar por falar, de Volta e Dálle Teatro, 10 de maio
– Mai Mai, de Baobab Teatro, 17 de maio
– Crónicas do Paraíso, de Sarabela Teatro, 24 de maio
– Crunch, de Muu, 31 de maio
– O mellor dos catro elementos, de Pepe Vaamonde Grupo, 7 de xuño
Resto de programación
Teatro grecolatino para escolares: principios de marzo
Mostra de teatro clásico, con 10 representacións no Auditorio e unha no Vello Cárcere: marzo
Mostra de teatro universitario: última semana de marzo
Semana da danza: última semana de abril