
- Este evento ha pasado.
Presentación da campaña de «Barrios polo Clima»
24 de septiembre - 12:00

Presentación da campaña de «Barrios polo Clima»
Este sábado ás 12 horas no centro social autoxestionado A Hedreira (Lugo), terá lugar a presentación da campaña de «Barrios polo Clima».
A presentación do sábado consistirá nun encontro-taller en como facer fronte á emerxencia climática desde os barrios.
«Nesta sesión vaise ver que podemos facer para combater o cambio climático da man das persoas coas q convivimos e desde a nosa contorna máis próxima.
A actividade consta de dúas partes. Unha primeira na que se compartirá a experiencia de Barrios polo Clima de Córdoba. Na segunda faremos unha práctica de mapeo ambiental do barrio.»