martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación de poemarios de Claudio Rodríguez Fer e Saturnino Valladares

14 de diciembre, 2021 - 20:00

Presentación de poemarios de Claudio Rodríguez Fer e Saturnino Valladares

Os escritores lucenses Claudio Rodríguez Fer e Saturnino Valladares presentarán os seus últimos poemarios –respectivamente *ADN do infinito*, editado en Galicia, e *Vaga-lumes ao meio-día / Luciérnagas al mediodía*, editado en Brasil– no Centro Sociocultural de Fingoi, o próximo martes 14 de decembro, ás 20h.

No ano 1933, en Bos Aires, o poeta español Federico García Lorca e o poeta chileno Pablo Neruda pronunciaron un cómplice discurso “al alimón” ou sexa, feito a dúas voces, inusual procedemento que hoxe retomarán en Lugo o director da Cátedra Valente de Poesía e Estética, Claudio Rodríguez Fer, e o profesor da Universidade Federal do Amazonas, Saturnino Valladares, irmandando de novo Europa e América como antes fixeran os seus admirados mestres.

Trátase de dous poemarios de carácter principalmente amoroso, temática que tanto Claudio Rodríguez Fer en galego como Saturnino Valladares en castelán teñen cultivado intensamente. O libro de Claudio Rodríguez Fer está profusamente ilustrado en cor pola artista lucense Sara Lamas e o de Saturnino Valladares está prologado e traducido ao portugués polo poeta brasileiro Tenório Telles.

Detalles

Fecha:
14 de diciembre, 2021
Hora:
20:00
Categoría del Evento:
X