
- Este evento ha pasado.
Presentación do catálogo CONTROL, de Roberto González Fernandez
26 de septiembre, 2018 - 12:00

Mércores, día 26 de setembro, ás 12:00 horas, terá lugar no Museo Provincial de Lugo a presentación do catálogo CONTROL, de Roberto González Fernandez, artista que mantén unha instalación coas súas obras (Control Historia, Control Poder, Control Relixión e Control Educación) nos catro museos que integran a Rede Museística, instalación transgresora que ten como finalidade denunciar os distintos xeitos de control por partes das institucións. Este acto contará coa presenza de Pilar García Porto, deputada de Cultura da Deputación de Lugo; de Roberto González Fernández; de Encarna Lago González, comisaria da mostra e xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo e de Aurelia Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo.
A entrada a este acto é libre e gratuita.