Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro CINEPOEMAS

15 de septiembre - 12:00

Presentación de CINEPOEMAS de Claudio Rodríguez Fer, en edición especial para a Semana de Cine

Mércores, día 15, ás 12,00, vai ser presentada a edición especial de CINEPOEMAS de Claudio Rodríguez Fer, para a Semana de Cine de Lugo. A presentación efectuarase ao aire libre, diante da Casa do Concello, para non limitar o número de participantes no acto, e achegar aos lucenses este magnífico exemplo de conxunción de dúas artes -literatura e cine- na que Rodríguez Fer é un mestre.

Na presentación participarán, ademais do autor do poemario, representantes das institucións copatrocinadoras -Deputación Provincial, Concello, Xunta de Galicia e Universidade-Campus de Lugo- e membros do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, entidade organizadora da Semana de Cine.

Esta edición especial é a terceira deste poemario, no que Rodríguez Fer fai “un paseo poético pola historia do cine, desde Charlot a Woody Allen”, evocando “obras mestras da arte máis contemporánea dende o cine mudo ao cine de autor”. Esta edición efectúase por xentileza de editorial Ouvirmos, en base ao especial deseño gráfico de Cristina Fiaño.

Para contribuír á maior difusión desta obra, a organización da Semana de Cine, coa colaboración da Biblioteca Provincial de Lugo, vai efectuar -a xeito de especial e doméstico “bookcrossing”- a distribución gratuíta de exemplares desta obra colocando unha mesa diante do edificio desta instalación na Avenida de Ramón Ferreiro para que, quen se sinta atraído por esta atractiva obra (mesmo polo seu especial deseño), poida levar un exemplar para disfrutalo.

Detalles

Fecha:
15 de septiembre
Hora:
12:00
Categoría del Evento: