lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro e coloquio: Panrico, a folga máis longa

17 de noviembre, 2018 - 12:00

A agrupación de Esquerda Unida en Lugo xunto ao grupo municipal ACE-EU presentan este sábado día 17 ás 12:00h na Galería Sargadelos de Lugo un libro sobre a longuísima folga indefinida das traballadoras e traballadores de Panrico, a máis longa da historia de España, que xa é todo un símbolo do movemento obreiro máis combativo, cun papel no imaxinario social ao nivel da loita na metalúrxica Laforsa durante a transición. A presentación do libro, “Panrico: a folga máis longa”, que acaba de ser traducido do catalán ao castelán, contará coa presencia da co-autora do mesmo, a socióloga Isabel Benítez, e dunha das traballadoras da planta barcelonesa desta empresa, Luisa Villafaina. O relato desta movilización serve como manual de loita colectiva para facer fronte ás prácticas máis agresivas do capitalismo contra os dereitos laborais, e tamén como exemplo de solidariedade e apoio mutuo entre traballadoras e traballadores.

“Este libro é un interesante exercicio de historia do movemento obreiro, onde o peso da narración o levan os propios protagonistas, os empregados en folga, homes e mulleres loitadoras coma Luisa, polo que non podíamos prescindir na presentación da súa testemuña directa, pois son un exemplo a seguir para toda a clase traballadora”, sinala Fernando Yánez, secretario de organización de Esquerda Unida en Lugo.

Detalles

Fecha:
17 de noviembre, 2018
Hora:
12:00
Categoría del Evento:
X