
- Este evento ha pasado.
Presentación do libro: «Piratas no recreo»
15 de marzo, 2019 - 19:00

Presentación do libro: «Piratas no recreo»
LUGAR: Libraría Trama – Avda. da Coruña, 21, Lugo
HORA: 19.00 h.
DÍA: Venres, 15 de marzo de 2019
Organiza: Belagua Ediciones
Participa: Cristina Palacios, presidenta da Asociación ARELAS de Familias de Menores Trans.
O acto enmárcase dentro das actividades promocionais do álbum ilustrado infantil “Piratas no recreo”, do escritor Miguel Ángel Alonso Diz e a ilustradora Luz Beloso, recentemente publicado pola editorial Belagua.
Unha parte das vendas deste libro destínase a asociación ARELAS, en apoio ao seu labor de visibilización dunha realidade socialmente oculta, a dos menores e as menores transexuais.
Sobre Cristina Palacios:
Coa experiencia vital que lle supón a súa filla Sara, Cristina Palacios defende unha alternativa para unha realidade complexa que trascenda a simpleza dun proceso de “etiquetado sexual” ao nacer en función dos xenitais.
No ámbito educativo, Cristina Palacios pon o foco na necesidade de que os profesores e orientadores reciban educación en diversidade sexual e de xénero para que a transexualidade se contemple nos currículos escolares e se fale dela sen prexuízos e estereotipos, coa finalidade de que ningún menor sexa visto como un estraño.