lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do proxecto “Pito Pastoril Galego e Banda de Música”

26 de noviembre, 2018 - 12:00

A presentación do Proxecto “Pito Pastoril Galego e Banda de Música”, Banda de Música de Antas de Ulla – Efraím Díaz terá lugar o próximo día 26/11/2018 ás 12:00 na sala central do Centrad (Rúa Chantada S/N – Lugo)

O pito pastoril galego está a vivir un rexurdimento gracias ao traballo de artesáns, músicos e investigadores, é por elo que nos atopamos no momento adecuado para densenvolver un proxecto que difunda o repertorio que se está a crear para pito pastoril solista e banda de música por parte de compositores e arranxistas galegos.

Dende o Instituto Galego de Estudos do Pito Pastoril, proponse á Deputación Provincial de Lugo un proxecto cultural para unha materia do Máster en Servizos Culturais (Lingua para a escrita académida e praxe dos discursos orais), da Universidade de Santiago de Compostela, impartida por Mar Campos Souto e Ángeles Rodríguez Fontenla. O documento foi redactado polo presidente do IGAESPI, Efraím Díaz, como alumno da promoción 2017-2018 do máster, que ademais ben de obter recentemente a cualificación de Matrícula de Honra (10) ao seu traballo fín de máster titulado “O Pito Pastoril na Galiza”. A Área de Turismo e Cultura da Deputación Provincial de Lugo por medio do Centro de Artesanía e Deseño de Galicia (CENTRAD) decide apoiar o proxecto cultural para maior difusión do instrumento a mediados do ano 2018.

O proxecto propón diferentes accións nas que se poña en valor as creacións musicais que están a xurdir arredor do mesmo. O feito de escoller a unha banda de música como a de Antas de Ulla dalle ao proxecto unha dimensión social que ademais dos ensaios e dous concertos, un en Lugo e outro en Antas, rematará coa gravación do primeiro disco para pito pastoril e banda de música do que se editarán 1.000 copias. Así mesmo tamén se realizarán diferentes obradoiros de iniciación ao instrumento en Antas de Ulla e mesmo en Lugo cidade, tamén impartidos por Efraím Díaz e destinados a asociacións culturais ou outros colectivos interesados no instrumento.

O proxecto toma como base o traballo anterior realizado polo Instituto Galego de Estudos do Pito Pastoril (IGAESPI), con concertos onde o pito interviña nunha ou dúas pezas, coa Banda Sinfónica Infantil de Galicia, a Banda Municipal de Música de Lugo, a Banda Municipal de Música de Sarria no ano 2016. Un dos hitos anteriores a este proxecto é a composición da primeira obra para pito pastoril Alto de Sol “O bosque do asubiador” de Juan Durán que é premio Reina Sofía de Composición Musical 2018, estreada en marzo de 2018 por Efraím Díaz e a Banda Municipal de Música de A Coruña no Palacio da Ópera da Coruña.

O Obradoiro de Instrumentos Musicais da Deputación provincial de Lugo foi fundado en 1951 e un dos seus iniciadores foi Paulino Pérez. Percisamente o propio Paulino Pérez xunto con Basilio Carril foi un dos artesáns que voltaron a construir o instrumento dun xeito que se poidera repetir e cunhas características mais recoñecibles, aínda que xa outros artesáns traballaron no instrumento dende finais do século XIX. Algún dos exemplares construídos por Paulino Pérez consérvanse na Colección de Instrumentos Muscais e Obxectos Sonoros do CENTRAD.

Antón Corral que pasou tamén polo Obradoiro da Deputación de Lugo entre 1975 e 1978, logrou modificar as tonalidades de Mi de Pérez e Carril e as adaptou a Re, tonalidade que facilita o emprego do instrumento con outros, como a zanfona, a gaita ou a requinta. Os alumnos de Corral, Carlos Corral e Miguel Mosquera, entre outros, están a traballar dende finais dos anos 90 do pasado século en novas tonalidades, especialmente Miguel Mosquera que desenvolveu por primeira vez os pitos Altos de Sol, Soprano de Do, Sopraninos de La e Sol, e Tenores de Re e Mib.

Os pitos de Miguel Mosquera serán os empregados no repertorio do proxecto con obras de Juán Durán, Martín Blanes, Ernesto Campos, Rosento Mato Hermida, Ger Fay, José Pacheco, Efraím Díaz e arranxos e orquestracións de Martín Blanes, Andrés Álvarez, Alfredo Susavila, David Llano e Iñaki López.

Parte fundamental do proxecto é a Banda de Música de Antas de Ulla ten preto de 40 compoñentes de diversas idades pero na súa maioría xóvenesdirixida por Javier González Borrajo, que co presente proxecto voltarán a gravar un novo disco.

Detalles

Fecha:
26 de noviembre, 2018
Hora:
12:00
Categoría del Evento:

Local

CENTRAD
Rúa Chantada, s/n
Lugo, 27004
Teléfono:
982 21 00 66
Web:
http://www.centrad.org/portal_localweb/p_1_principal1_centrad.jsp?codResi=18&language=gl
X