
- Este evento ha pasado.
Presentación proxecto e micromecenado do documental «O Dentón»
21 de marzo, 2019 - 19:00

Presentación proxecto e micromecenado do documental «O Dentón»
Illa Bufarda presenta o seu novo proxecto audiovisual “O Dentón”.
Aberto a todo o público
Esta longa documental decorre no fermento da curiosidade, pivota no noso cotiá como pobo e parte dunha premisa histórica e contextual da Galiza de mediados do século XX. Unha codia que garda un miolo saboroso e delirante: outra historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época: a historia do dentón, tamén chamado caruncho do centeo, gran de corvo, cornecelo ou cornello.
Esta historia de historias esparexidas e conectadas, un tanto esquizofrénicas por veces, deixa un regusto amargo do pan de centeo de sempre, do pan con fariñas sen refinar. Nesas fariñas da sabedoría popular nas que repousa a nosa historia que repercute traspasados océanos e desas historias das que aínda non somos de todo conscientes.
Presentarán, tamén, a campaña de micromecenado para o financiamento da rodaxe que dará fin a súa segunda volta o 24 de abril a través da plataforma de Goteo: goteo.cc/odenton