jueves, julio 7, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Programación do Codex Cinema: venres 11 ao xoves 17

11 de enero, 2019 - 17 de enero, 2019

Nova semana de grandes películas nos Codex Cinema 

Nova semana de grandes películas nos Codex Cinema 

A carteleira e máis info completa de cada filme neste artigo:

ATARDECER

Hungría / 2018 / 144’
Director Laszlo Nemes Guión Laszlo Nemes, Clara Royer, Matthieu Taponier
Fotografía Matyás Erdély – Música Laszlo Melis
Montaxe Matthieu Taponier
Elenco Juli Jakab, Vlad Ivanov, Judit Bárdos, Susanna Wuest, Tom Pilath
Produtores Gábor Sipos, Gábor Rajna (Laokoon Filmgroup), François Yon, Nicolas Brigaud-
Robert, Valéry Guibal (Playtime
Production Distribuidora Avalon

Sinopse

1913 en Budapest, o corazón de Europa. Despois de pasar a súa infancia nun orfanato, Irisz Leiter chega a capital húngara con 20 anos e a esperanza de traballar na antiga tenda de chapeus dos seus pais. Mais Oszkar, o novo propietario, a rexeita. Ao mesmo tempo, terá que facer fronte ao seu pasado cando descobre a existencia dun irmán que descoñecía. A súa convicción por encontralo lle leva a descubrir escuros secretos mentres o país prepárase para o
caos da guerra.

VIAJE A NARA

Xapón / 2018 / 109’
Dirección e guión Naomi Kawase – Produción Naomi Kawase e Marianne Slot
Montaxe Yoichi Shibuya –  Fotografía Arata Dodo –  Música Makoto Ozone
Produtoras Unité de Production, Les Films du Nouveau Monde, Artemis Production, Ali n’Productions
Elenco Juliette Binoche, Masatoshi Nagase, Takanori Iwata, Mari Natsuki, Mirai Moriyama, Min
Tanaka
Distribuidora Bteam Pictures

Na rexión xaponesa de Nara, unha escritora francesa coñece un misterioso home que vive nas montañas. A pesar da barreira da linguaxe e a cultura, ambos sentirán a necesidade de achegarse un ao outro.

RAZZIA

Marrocos / 2018 / 119’
Director Nabil Ayouch – Guión Nabil Ayouch e Maryam Touzani –  Produción Bruno Nahon
Produción executiva Frantz Richard
Montaxe Sophie Reine –  Fotografía Virginie Surdej
Son Zacharie Naciri – Produtoras Unité de Production, Les Films du Nouveau Monde, Artemis
Production, Ali n’Productions
Elenco: Maryam Touzani, Arie Worthalter, Abdelilah Rachid, Dounia Binebine, Amine Ennaji,
Abdallah Dinane, Mohamed Zarrouk
Distribuidora Pirámide Films

Cinco historias da Casablanca actual. Hakim, mozo homosexual que vive na Medina tradicional e pobre, soña con ser estrela de rock e gañar o respeto do seu pai. Salima vive entre o desafío e
a resignación, casada cun home que baixo unha aparente modernidade, quérea sumisa. Joe, dono dun restaurante xudeu, elixe vivir en Casablanca negando a realidade e soportando un antisemitismo rampante. Inès, nova e rica, encerrada nunha torre de marfil,
movéndose entre a tradición e a modernidade en pleno espertar sexual.

ELIS. LA VOZ DE BRASIL

Brasil / 2018 / 114’
Idioma Portugués (lendas en castelán)
Director Hugo Prata
Produtor Fabio Zavala
Guión Hugo Prata, Vera Egito, Luiz Bolognesi
Música Otavio de Moraes
Fotografía Adrián Teijido
Montaxe Tiago Feliciano
Arte Frederico Pinto
Produtoras Academia de Filmes, Globo Filmes
Elenco Andréia Horta, Gustavo Machado, Caco Ciocler, Zécarlos Machado, Lúcio Mauro, Filho Julio Andrade, Alex Teix
Distribuidora ConUnPack

A vida de Elis Regina, unha das mellores cantantes brasileiras de todos os tempos, contada desde os seus comezos ata o fin da súa curta mais intensa vida. Unha carreira na busca de cambios, reinvencións e loitas contra os seus propios temores e demos en plena ditadura militar brasileira.

COLD WAR

Mellor película, mellor director, mellor guión, mellor montaxe e mellor actriz nos PREMIOS da Academía do Cine Europeo. Candidata a Mellor película estranxeira nos Óscar 2019

Coa Guerra Fría como cortina de fondo, Zimna wojna (Cold War) conta a historia de amor entre Zula e Wiktor, dúas persoas de diferente procedencia e temperamento que son completamente incompatibles, mais o seu destino lles condena a estar xuntos.

Título orixinal Zimna wojna – Polonia-Francia / 2018 / 86’
Dirección Pawel Pawlikowski – Guión Pawel Pawlikowski e Janusz Glowacki – Fotografía Lukasz Żal –  Montaxe Jarosław Kamiński –  Son Maciej Pawłowski e Mirosław Makowski
Vestiario Aleksandra Staszko
Elenco Joanna Kulig, Tomasz Kot, Borys Szyc, Agata Kulesza, Cédric Kahn, Jeanne Balibar

UN ASUNTO DE FAMILIA

Palma de Ouro do Festival de Cannes 2018. Candidata a Mellor película estranxeira nos Óscar 2019

Trátase dun filme no que o autor nipón Hirokazu Kore-Eda  etoma as constantes estilísticas e temáticas das súas últimas obras. Se ben comezou a súa carreira hai dúas décadas con filmes máis conxunturais e xeracionais, nos últimos anos tendeu cara un estilo máis próximo ao cinema clásico xaponés: as rupturas familiares, a permanencia das tradicións e a dificultade de núcleos pechados para aceptar os cambios que se producen na sociedade. A medio camiño entre a materialidade incuestionable de Yasujiro Ozu e a transgresión formal e política de Nagisa Oshima, Kore-Eda atopa o seu lugar propio na historia do cinema xaponés.

Sinopsis:

Despois dun dos seus habituais furtos, Osamu e o seu fillo encontran a unha nena na rúa, morta de frío. Ao principio, a muller de Osamu non quere que quede canda eles, pero acaba apiadándose dela. Pese a sobrevivir con dificultade grazas aos pequenos roubos, a familia é feliz, ata que un incidente imprevisto revela un segredo que pon a proba os lazos que os unen.

Título orixinal: Manbiki kazoku
Xapón / 2018 / 121’
Dirección e guión Hirokazu Kore-Eda
Produción Kaoru Matsuzaki, Akihiko Yose, Hijiri Taguchi
Dirección artística Keiko Mitsumatsu
Montaxe Hirokazu Kore-Eda
Fotografía Ryuto Kondo
Son Kazuhiko Tomita
Música orixinal Haruomi Hosono
Produtoras AOI Promotion, Fuji Television Network, GAGA
Elenco Lily Franky, Sakura Ando, Mayu Matsuoka, Kirin Kiki, Kairi Jyo, Miyu Sasaki
Distribuidora Golem

Detalles

Comienza:
11 de enero, 2019
Finaliza:
17 de enero, 2019
Categoría del Evento:

Local

Codex Cinema
Plaza Viana do Castelo nº4
Lugo, Lugo 27003
Web:
https://codexcinema.com/
X