sábado, julio 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Referentes: Fillas de Galicia

19 de diciembre, 2019 - 20:00

Sabías que a principios do S.XX, en pleno auxe migratorio de Galicia a Cuba centos de mulleres galegas acabaron por ser explotadas para exercer a prostitución? Hoxe en día moitas mulleres fan a viaxe inversa, veñen a Galicia buscando unha oportunidade e vense captadas nas redes de prostitución. A historia, repítese.

Na súa primeira edición de Referentes, a asociación Aliad Ultreia dará a coñecer Hijas de
Galicia, asociación fundada na Habana no ano 1912 para dar atención a estas mulleres.
Coñeceremos este proxecto da man de María Xosé Porteiro, escritora, nunha conversa guiada pola xornalista Belén Regueiro. Ao diálogo sumaránse profesionais de Aliad Ultreia para achegar unha mirada comparativa coa situación que viven moitas mulleres migrantes na Galicia actual.

Non perdas a oportunidade de coñecer este episodio da nosa historia.

O vindeiro xoves 19 de decembro, ás 20:00 no Salón de Actos do Vello Cárcere.

Detalles

Fecha:
19 de diciembre, 2019
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95
X