19.3 C
Lugo
Sáb, 3 Jun 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Roda poética e andaina ata a Fábrica da Luz

28 de agosto, 2022 - 11:00

Roda poética e andaina ata a Fábrica da Luz

Domingo 28 de agosto de 11 a 14h no Paseo do Miño, Lugo

A poesía, presente en todas as cousas, pode ser unha potente arma reivindicativa. Nesta ocasión xuntarémonos ao redor dunha roda, na que contaremos con poetas de Lugo e da provincia, e con todas as persoas que queiran adicar unhas verbas á natureza, a auga ou aos catro elementos.

Ao rematar faremos unha andaina polo Paseo do Miño, comezaremos dende a Tolda e chegaremos até a Fábrica da Luz; para comprobar in situ os proxectos que se están a desenvolver na contorna do río Miño, a praia fluvial, as piscinas de auga quentada, a fábrica da luz… proxectos que acercan o cemento ao río.

Adela Figueroa poeta e presidenta de ADEGA Lugo, será quen nos guíe neste percorrido cheo de poesía.

INSCRICIÓNS

De balde pero é preciso inscribirse chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal indicando nome, apelidos, DI e teléfono de contacto.

Detalles

Fecha:
28 de agosto, 2022
Hora:
11:00
Categoría del Evento: