domingo, julio 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Roteiro: “Mádia Leva – 12 anos na historia de Lugo”

23 de febrero, 2020

Roteiro: “Mádia Leva – 12 anos na historia de Lugo”

O vindeiro domingo 23 de febreiro, continuando co programa de roteiros “Tecendo Redes”, ADEGA Lugo en colaboración co CS Mádia Leva, organiza o roteiro “Mádia Leva. 12 anos na historia de Lugo”.

A Historia do Mádia Leva en Lugo, ou a Historia de Lugo dende o Mádia-Leva, ou Mádia-Leva na Historia de Lugo. Sairemos da Praza dos Mártires de Carral, entramos no Lugo amurallado e reviviremos aspectos importantes da importante pegada da nosa cidade no Nacionalismo Galego.

Saíremos de Lugo por onde transitaba o trovador Esquío e no antiguo barrio do Carmen colleremos o Camiño, un deles, e tiraremos cara ó Miño, a nosa Raia Húmida, a nosa muralla de auga, onde miraremos, veremos, falaremos e despois xantaremos para rematarmos o Roteiro.

A tarifa xeral é de 5€, e de balde para as socias de ADEGA e do CS Mádia Leva. Conta con seguro, polo que é preciso anotarse antes do xoves 20 de febreiro ás 14h, a través da web
https://roteirosadegalugo.wordpress.com/reserva/ ou chamando ao 982240299.

Detalles

Fecha:
23 de febrero, 2020
Categoría del Evento:
X