martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Seminario «Tres olladas na historia das letras españolas»

23 de septiembre - 16:30

Seminario «Tres olladas na historia das letras españolas» Homenaxe ao profesor Carlos Folgar

Un seminario sobre as letras españolas rende homenaxe este venres na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo ao profesor Carlos Folgar Fariña, quen vén de xubilarse da súa actividade docente.

O decano González Fernández Suárez, abrirá, a partir das 16.30 horas, no salón de graos do centro universitario lugués, un acto académico que está estruturado en tres relatorios.

O catedrático emérito de Lingua Española da USC Emilio Montero Cartelle abrirá a quenda de intervencións cun relatorio baixo o título ‘Insulte usted sabiendo lo que dice: metáforas conceptuales sobre sexo en La Lozana Andaluza’.

Ao seu remate, o tamén catedrático Alexandre Veiga ofrecerá a charla ‘La copia ¿burgalesa? del Poema de Fernán González: incógnitas y malinterpretaciones de un manuscrito del siglo XV’.

O profesor obxecto de homenaxe con este acto académico, Carlos Folgar Fariña, tamén
intervirá nesta sesión coa charla ‘Alfonso X el Sabio: las razones de un bilingüismo
literario’, unha intervención trala que a tamén profesora titular de Lingua Española na
USC Mercedes Suárez Fernández, pechará a sesión cunhas verbas de agradecemento.

Detalles

Fecha:
23 de septiembre
Hora:
16:30
Categoría del Evento:
X