
- Este evento ha pasado.
Teatro – «Amantis»
27 de octubre - 20:30

Teatro – «Amantis»
Rebordelos
xoves, 27 de outubro de 2022 20:30 hs.
Sinopse:
AMANTIS conta a historia de M. Un rapaz de barrio obreiro que quere ser influencer, amado, aceptado. Nese camiño topará coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que descubrirá que el mesmo non é quen pensaba ser. A peza explora a brecha xeracional entre nativas/os e non nativos/as dixitais, tentando comprender como inflúen as redes sociais, o selfie e o sexting na formación da identidade propia e nas relacións interpersoais.
É un espectáculo unipersoal que conxuga música, humor e acidez convocando aos teatros a diferentes xeracións para reflexionar en común sobre os retos, dificultades e pegadas culturais da era dixital.
Un retrato das novas linguaxes coas que nos relacionamos e de como estas inflúen dun xeito determinante na identidade. Unha ollada desprexuizada e optimista, pero consciente das trampas que a hiperconexión e o voraz enfoque mercantil das RRSS gardan para a liberdade, a intimidade e a igualdade de oportunidades.
Idade recomendada: Público adulto e adolescente.
FORMA DE ADQUISICIÓN:
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.