sábado, julio 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: «Chola a IT girl» no Gustavo Freire de Lugo

16 de febrero, 2020

TEATRO:

– Chola a IT girl, de Artesacía, 16 de febreiro – 18:30 

Duración: 60 minutos

Dirección e elenco artístico: Laura Villaverde

Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ao máis puro estilo de show escénico youtuber.

A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estrategias para poder descubrir quén somos, qué nos gusta, qué nos divirte… e, sobre todo, saber recoñecer de ónde vimos.

Para todo isto, axudarase de vídeos exclusivos, proxectados con técnica de vídeomapping, desafíos en vivo, consellos automobilísticos e dunha gran dose musical. Cando parece que o show envolve a escena, revélase nun descoido de Chola no medio do show un cadaleito que sae do maleteiro do coche, no que está o cadáver de Lito.

A través dun diálogo Chola deixa entrever ao público un outro traballo non tan glamoroso. E é a partir de aquí onde Chola revela a súa connotación de It girl con enxeño, humor e personalidade reflectindo a súa realidade imperfecta, que está fóra dos canons da imaxe actual da felicidade e do que debería ter éxito virtual…

 

ENTRADAS

ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

IMPORTANTE: NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMEZADA A FUNCIÓN, NIN CON COMIDA E BEBIDA.

PROHÍBESE A TOMA DE FOTOGRAFÍAS E GRAVACIÓN DO ESPECTÁCULO, TANTO NO QUE SE REFIRE A SON COMA A IMAXE, A EXCEPCIÓN DOS MEDIOS GRÁFICOS PREVIAMENTE AUTORIZADOS.

+ info

010 ou desde fóra de Lugo, 982 297350

 

PRÓXIMOS ESPECTÁCULOS

– Pinconús, de Pinconús, 5 de abril

– Furia Necesaria, de Aldaolado, 12 de abril

– Celebraré mi muerte, de Joan Fernández, 19 de abril

– Falar por falar, de Volta e Dálle Teatro, 10 de maio

– Mai Mai, de Baobab Teatro, 17 de maio

– Crónicas do Paraíso, de Sarabela Teatro, 24 de maio

– Crunch, de Muu, 31 de maio

– O mellor dos catro elementos, de Pepe Vaamonde Grupo, 7 de xuño

Resto de programación

Teatro grecolatino para escolares: principios de marzo

Mostra de teatro clásico, con 10 representacións no Auditorio e unha no Vello Cárcere: marzo

Mostra de teatro universitario: última semana de marzo

Semana da danza: última semana de abril

Detalles

Fecha:
16 de febrero, 2020
Categoría del Evento:
X