sábado, noviembre 12, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro clásico – «Noche de Reyes»

18 de marzo - 20:30

Teatro clásico – «Noche de Reyes»

18 de mar. de 2022 20:30

Compañías: Ur Teatro e Teatro Español
XXII Mostra de Teatro Clásico
Auditorio Municipal Gustavo Freire

Dirección: Helena Pimenta

Elenco artístico: Haizea Baiges, Carmen del Valle, José Tomé, Rafa Castejón, Patxi Pérez, Sacha Tomé, Victoria Salvador e David Soto Giganto.

SINOPSE

Olivia perdeu o seu pai e o seu irmán. Gardará loito durante sete anos porque o mundo acabou para ela. Orsino ama a Olivia cunha paixón que doe e inmobiliza. Son vidas que foxen da vida, son loucuras paralizantes de Illiria.

E nese lugar inverosímil hai máis loucuras, nese lugar Tobías, Andrés e María aspiran cada noite a ser felices envoltos  nos efluvios do alcohol, burlándose do mundo e dos seus semellantes, fuxindo en fin, da melancolía.

Chega o día e esa alegría desaparece porque a súa loucura é transitoria, non impulsa e desfaise coa luz do sol. Malvolio serve a Olivia e entre soños espertos desexa, en secreto, ser o seu home. A fortuna xógalle unha mala pasada por atreverse máis ben a imaxinarse na grandeza.

Feste, o bufón destas terras, pasea a súa arte e os seus lúcidos consellos libre, acedo e compasivo coa debilidade humana. Esta figura especular e espello deformado no que se contemplan o duque Orsino e a condesa Olivia será o seu mestre no amor e o noso. É outro louco, este moi cordo.

ENTRADAS

Detalles

Fecha:
18 de marzo
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 24 44 05