domingo, agosto 14, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – “CRÓNICAS DO PARAÍSO” de Sarabela teatro

29 de noviembre, 2020 - 18:30

“CRÓNICAS DO PARAÍSO” de Sarabela teatro.
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
70 minutos
18.30 horas

Dirección Goncalo Guerreiro

Elenco artístico Fernando Dacosta, Elena Seijo, Fran Lareu, Sabela Gago e Fina Calleja

«…, e porque vexo nos vosos ollos, señor Sochantre, tanta sorpresa como medo, quero asegurarvos de que toda esta compañía, aínda que sexa de réprobos, pantasmas, aforcados e sombras, é un batallón de xente pacífica.”

Unha carroza cargada de maletas, que está a acubillar a misteriosos pasaxeiros, consegue poñerse en marcha e lánzase polos camiños dunha Bretaña imaxinaria. A cuadrilla leva da man, na súa danza, a un sochantre asustado. Queren que toque para as exequias do señor De Quelven. Todos se ilusionan coas melodías do seu bombardino, pois, por un espazo breve de tempo, as notas arrincan aos espectros da súa condición.

Pero, que ocorrerá á noitiña? Que ocorrerá cando se durma o sochantre?

Nestas historias mil e mil veces repetidas xúntanse lendas célticas dos reinos de Bretaña e Galicia e traxedias universais.

Un universo viaxeiro poboado por bandidos, armas, diñeiro e sangue pero non hai mortes nin ninguén morre, quizáis porque estean todos mortos ou porque o verdadeiro bandido siga eternamente vivo. O poder do diñeiro, a luxuria, a gula, os negocios escuros colocan aos personaxes en situacións irónicas entre a vida e a morte onde a eternidade acaba por afirmarse como o máis duro castigo xudicial.

“E tampouco vos dixemos que nós, estando mortos, non podemos acender lume en fogar nin entrar en casa onde estea aceso, nin comer pan de trigo, nin cousa ningunha que leve sal ou aceite, nin beber viño. Pero agora mesmo imos cara ás ruínas do mosteiro de Saint- Efflam a Terre, e Mamers ten alí, na que foi cociña dos frades, unha pipa de cervexa dobre de marzo e un xamón adobado con pementa que enviamos a asar…”

FORMA DE ADQUISICIÓN:

ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

Detalles

Fecha:
29 de noviembre, 2020
Hora:
18:30
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05
X