
- Este evento ha pasado.
Teatro de marionetas: O Agasallo De Anya
3 de junio, 2018 - 12:30 - 18:00

Dous pases: as 12,30 e as 18 horas
O agasallo de Anya é unha obra para público familiar, baseada no conto orixinal de Sabela Núñez Singala, que a compañía Trécola representa con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.
Anya e Xiana son dúas nenas que viven separadas por catro mil km., pero unidas por todo o demais: sentimentos, ilusións, proxectos, ansia de felicidade … Neste espectáculo as dúas protagonistas descóbrennos as razóns polas que os mellores agasallos non se reciben, danse.
Prezo da entrada: 5€