
- Este evento ha pasado.
Teatro: “Delicadas” no Local Hipócrita de Lugo
23 de noviembre, 2019 - 20:00
Teatro: “Delicadas” no Local Hipócrita de Lugo
“Delicadas” unha peza do dramaturgo e director teatral Alfredo Sanzol, inspirada nas vivencias de mulleres que viviron a Guerra Civil e a postguerra, será a próxima obra que se poida ver no Local Hipócrita (Doutor Gasalla 18).
Será o vindeiro sábado, día 23 ás 20h a cargo do grupo de teatro sarrián Rebuldeira. Esta función forma parte da programación do Proxecto Buxiganga da Deputación Provincial.
As entradas teñen un prezo de 3€ e xa poden reservarse enviando un correo a hipocritateatro@gmail.com