lunes, agosto 8, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro en Lugo – “ONDE VIVEN OS MONSTROS”

22 de octubre, 2020 - 18:30

“ONDE VIVEN OS MONSTROS” de Os Náufragos Teatro

Teatro en Lugo – “ONDE VIVEN OS MONSTROS”

22 de outubro. “ONDE VIVEN OS MONSTROS” de Os Náufragos Teatro.
Teatro familiar

Duración: 43 minutos – 18.30 horas
Dirección Gustavo del Río
Elenco artístico Jimmi Núñez e María Roja

ADAPTACIÓN DO COÑECIDO ALBUM ILUSTRADO DE MAURICE SENDAK NA QUE SE EXPLORAN A FANTASÍA E A REALIDADE POR PARTES IGUAIS.

Onde viven os monstros baséase na obra homónima de Maurice Sendak, escritor
estadounidense de orixe polaca. Un fiel retrato da infancia.

O pequeño Max pasa o día facendo trasnadas. A súa nai, cansa desta situación, decide
castigalo. Enfadado, Max viaxará ao marabilloso mundo onde viven os monstros, no que
vivirá aventuras extraordinarias ata converterse en rei. Unha tarefa máis difícil do que el
pensaba.

Unha peza inspirada no clásico da literatura infantil, considerado o álbum ilustrado perfecto, que mestura fantasía e realidade por igual, trazando un fiel retrato da infancia.
Onde viven os monstros é un clásico vixente hoxe en día que plasma con grande
expresividade os temores e desexos da nosa máis tenra infancia: os monstros que nos
asexan, os nosos incomprendidos enfados, o medo ao abandono e a que os nosos pais deixen de querernos.

ENTRADAS: no portal entradaslugo.es ou de maneira presencial na oficina municipal de turismo, cun prezo de 5€ nas actividades para público adulto e 3 nas actividades familiares. As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG terán un desconto do 30% nas actividades para público adulto.

Detalles

Fecha:
22 de octubre, 2020
Hora:
18:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05
X