
- Este evento ha pasado.
Teatro en Lugo – SOFÍA E AS POSTSOCRÁTICAS
26 de noviembre, 2020 - 20:30

SOFÍA E AS POSTSOCRÁTICAS
Inversa Teatro
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
60 minutos
Dirección Marta Pérez
Elenco artístico Silvia Penas, María Roja e Marta Pérez
Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. A partir de tres personaxes en escena: Sócrates, Platón e Aristóteles (interpretados por mulleres) trataremos de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que poidamos facer o cálculo do que é ou o que non é violencia machista. Xunto coas personaxes e mediante o emprego de máscaras, a dramaturxia conta tamén con potentes elementos audiovisuais e sonoros que axudarán na reflexión de cal é a nosa responsabilidade como sociedade ante o machismo e a desigualdade. O pacto patriarcal, o silencio como resposta, o victim blaming (culpabilizar á vítima), a negación ou o síndrome espectador son os fíos argumentais polos que transitan as nosas personaxes. atos técnicos
FORMA DE ADQUISICIÓN:
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.