jueves, noviembre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro familiar – “Ás para Álex”

16 de enero - 18:30

Domingo, 16 de xaneiro. “Ás para Álex” de Baobab Teatro.

Teatro familiar. Recomendada público infantil maior de 5 anos.

Duración: 45 minutos

18.30 horas

Dirección Andrea Bayer e Óscar Ferreira

Elenco artístico: Xosé Manuel Esperante e Cora Velasco

Álex é un neno coma calquera neno de 8 anos que lle encanta correr, xogar, quedar cos amigos/as, ir ao parque…, a súa paixón: o fútbol, pero un día Álex ten que deixalo todo porque o seu corpo non responde, non camiña…e coma calquera neno, Álex enfádase, enfádase coa súa nai, coa súa irmá, co seu can, ata co fútbol.  Álex enfádase co mundo e asáltanlle moitas preguntas, – por qué a min?, por qué non podo xogar? Por qué, por qué e por qué?…., está tan enfadado que deixa de mirar ao seu arredor, ata que un día aparece Laura no seu camiño, e sen pedir permiso pero con moito coidado e cariño entra de cheo na súa vida para mudarlle a mirada.

ENTRADAS

Para acceder ao recinto será preciso adquirir entrada no portal entradaslugo.es ou de maneira presencial na oficina municipal de turismo, cun prezo de 5€ nas actividades para público adulto e 3 nas actividades familiares.

As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG terán un desconto do 30% nas actividades para público adulto.

Detalles

Fecha:
16 de enero
Hora:
18:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05