16.5 C
Lugo
Dom, 4 Jun 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro familiar – WOMBO COMBO

16 de abril - 18:30

Teatro familiar – WOMBO COMBO
Galeatro

Idade recomendada; A partir dos 6 anos.

domingo, 16 de abril de 2023 18:30 hs.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Sinopse:

Sara odia a súa vida, ou polo menos a que chaman a súa vida real. Nesa vida real non lle vai nada ben: non ten case amigas e moito menos amigos, búrlanse do seu aspecto, non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre.

Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, na que xoga en liña con ducias de persoas, e ten éxito, e é imbatible nas loitas. Sara pasa cada vez máis tempo nesa vida virtual e menos na vida real. Deixa de falar, de comer, de durmir.

Ata que entra nun videoxogo novo: “Revamp”, onde unha misteriosa voz en off lle vai propoñendo retos que debe cumprir na vida real se non quere sufrir as consecuencias. A partir dese momento, Sara toma consciencia de que non é posible unha vida sen a outra.

Entradas: A través do portal web entradaslugo.es e na  Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

Detalles

Fecha:
16 de abril
Hora:
18:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 24 44 05