14.4 C
Lugo
Dom, 4 Jun 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – HAMELIN

20 de abril - 20:30

Teatro – HAMELIN

Redrum Teatro – Premio Max 2006 ao mellor autor (Juan Mayorga)

Idade recomendada; A partir dos 14 anos.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire.

xoves, 20 de abril de 2023 20:30 hs.

Sinopse:

“Era unha vez unha bela cidade chamada Hamelin. A cidade encheuse de ratas. Ata que alguén fixo soar unha fermosa música”. A versión áspera do conto é máis verosímil e parécese máis ao mundo no que vivimos.

No noso mundo, os nenos son os primeiros que pagan. Pagan os vicios dos maiores, as mentiras dos maiores. Neste sentido, o Hamelin que non sabe protexer aos seus nenos é como moitas cidades do noso mundo.

Mayorga aborda o tema da pederastia cunha linguaxe e escenas cheas de elipses, onde as cousas quedan aludidas, onde o espectador debe poñer da súa parte para interpretar, para imaxinar, para encher os silencios.

Juan Mayorga aborda o tema dunha maneira moi sutil, os silencios dos personaxes encerran grandes verdades, evita unha linguaxe soez e opta por un espectador activo que imaxine máis aló do que se mostra en escena.

 

Entradas: A través do portal web entradaslugo.es e na  Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

Fecha:
20 de abril
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 24 44 05