
- Este evento ha pasado.
Teatro – Nevermore
6 de noviembre, 2021 - 7 de noviembre, 2021

Nevermore
Chévere
-
6 de nov. de 2021 20:30
-
7 de nov. de 2021 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
100 minutos
Dirección: Xron
Elenco artístico: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar e Borja Fernández.
Esta obra, unha coprodución de Chévere e o Centro Dramático para abrir a tempada do Teatro María Guerrero, usa a memoria dunha catástrofe ecolóxica (a do Prestige) como detonante para desenvolver unha narrativa escénica sobre o presente.
A idea é seguir usando procedementos documentais para crear ficcións a partir da memoria colectiva de feitos do noso pasado recente.
Neste caso dispoñémonos a comprobar a posibilidade de desvelar outras verdades ou ficcións ocultas na historia da catástrofe do Prestige, para achegarse ao que está pasando coa pandemia de Covid-19. Entender o Prestige como un aviso do que estaba por vir, do inevitable de seguir habitando a catástrofe.
Tirando dos fíos que se cruzan na experiencia de rememorar a catástrofe do Prestige, traballamos sobre a existencia de zonas sacrificadas para maximizar os beneficios; sobre a fin dos combustibles fósiles como metáfora da fin do capitalismo…
FORMA DE ADQUISICIÓN
* A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.