lunes, agosto 8, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro no Gustavo Freire: Medida por Medida

12 de marzo, 2020 - 20:30

Cartel do Programa da XX mostra de teatro clásico de Lugo
Xoves 12 de marzo – 20:30 horas – Auditorio Municipal Gustavo Freire

«Medida por Medida», de William Shakespeare, interpretada por Producións Teatrais Excéntricas. Conta coa dirección de Quico Cadaval e a interpretación de Evaristo Calvo, María Costas, Melania Cruz, Victor Mosqueira, Josito Porto, Santi Romay e Patricia Vázquez.

Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais. Cae a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un rapaz de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella, a súa irmá monxa, a abandonar o convento por tres días coa tentativa de salvar a vida do seu pecadento irmán. Un mundo de vicio, perversidade e corrupción tentarán lixar a súa brancura virxinal. Palacios, cadeas e arrabaldos serán o labirinto que percorre Isabella na súa carreira contra a morte. Todo observado dende as sombras por un Duque Vincenzo irrecoñecible baixo o hábito de frade mendicante.

Ten unha duración de 110 minutos e está recomendada para maiores de 13 anos.

ENTRADAS

Dende a área de Cultura poñeranse á venda bonos para 7 representacións por 35€ na zona A e 26,25€ na zona B do auditorio. As entradas para as representacións individuais custarán 8 e 6 euros en cada zona. As persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG poderán adquirilas por 5 e 3,75€ segundo a zona.

As obras para público familiar non están incluídas nos bonos, e teñen un prezo único de 5€ por entrada.

Complexo de Edipo, de Quico Cadaval, que se representará no Vello Cárcere, terá entrada gratuíta até completar a cabida.

Os bonos e as entradas poderán mercarse na Oficina Municipal de Turismo ou no portal web entradaslugo.es. O último día para mercar bonos será o 5 de marzo.

As entradas poderán mercarse na web e na Oficina Municipal de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función, e na entrada do auditorio dende hora e media antes.

ENTRADAS

Programa da XX Mostra de Teatro Clásico de Lugo

Detalles

Fecha:
12 de marzo, 2020
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05
X