
Teatro «O vixiante dos soños»
18 de diciembre - 18:30

Teatro «O vixiante dos soños»
Ubú Teatro
Domingo, 18 de decembro de 2022 18:30 hs.
Sinopse:
Sonólicus quere chegar á lúa desde pequeno. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sobe ás caixas amoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa, que lle medran ata a deformidade.
O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e, non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa, senón que se converte para sempre no vixiante do sono e dos soños infantís.
Idade recomendada: A partir dos 3 anos.
FORMA DE ADQUISICIÓN:
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.