
- Este evento ha pasado.
Teatro «Pura» no Gustavo Frerie de Lugo
20 de enero - 20:30

Teatro «Pura» no Gustavo Frerie de Lugo
Os Náufragos Teatro
20 de xan. de 2022 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Dirección: Gustavo del Río.
Elenco artístico: Denis Gómez, Rebeca Vecino, Sete Eiroa, Nicolás Gaude e Gustavo del Río.
PURA fala dos nosos maiores. En concreto, a orixe da nosa peza é a avoa Pura, familia do noso director que serve como fío condutor do espectáculo.
Pura tamén está de aniversario, 94 anos, e o seu desexo é ir de novo ver un filme ao cine París da Coruña. Un cine que xa non existe, un cine que agora é un Pull and Bear.
Pura fala de memoria histórica, das lembranzas que aínda perduran nas nosas avoas, da reminiscencia, dos lugares que un día foron parte da nosa vida e tamén entra no conflito da especulación inmobiliaria e da destrución do patrimonio cultural.
Queremos ter un recordo para todos os nosos maiores que xa non están con nós.
ENTRADAS:
INFORMACIÓN ADICIONAL
A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.