
- Este evento ha pasado.
Teatro: «Si no te hubiese conocido» en Lugo
23 de marzo, 2019 - 20:30

» Si no te hubiese conocido» a cargo de CENTRO DRAMÁTICO NACIONAL / Octubre Producciones
Dentro de la programación de artes escénicas y teatro clásico del Concello de Lugo
O 23 de marzo no Gustavo Freire ás 20:30
Dirección: Sergi Belbel
Elenco artístico: Marta Santandreu, Marta Hazas, Óscar Jarque, Unax Ugalde
Duración: 100 min.
Se puideramos viaxar cara a atrás no tempo e cambiar aquela decisión que tomamos nun momento determinado, seriamos os mesmos que na actualidade ou esas outras eleccións teríannos convertido en persoas distintas? Existe realmente unha realidade paralela para cada unha das decisións que desestimamos na vida?
Eduardo, home de negocios, moi namorado da súa muller Elisa, provoca involuntariamente unha traxedia. Óscar e Clara, os seus mellores amigos, intentan axudarlle infructuosamente. Para superar o seu trauma, Eduardo introdúcese nun labirinto de pensamentos confusos e caóticos e consegue viaxar cara a atrás no tempo. O seu obxectivo é reencontrar a Elisa viva e intentar, por todos os medios, evitar coñecela para, así, borrar a traxedia da súa futura e traumática perda.
En palabras do director, Sergi Belbel: “Por qué este tópico de cargarse o amor cando nun mundo tan agresivo coma no que vivimos é o único ao que verdadeiramente podemos agarrarnos, o único que nos dá un pouco de salvación? De aí naceu esta historia de amor, amor máis aló da morte, en mundos paralelos, unha historia na que o amor sempre é o motor da situación e do desexo das personaxes.”