
- Este evento ha pasado.
Teatro – «Yo Mussolini» con Leo Bassi
27 de enero - 20:30

Teatro – «Yo Mussolini» con Leo Bassi o 27 de xan. de 2022 20:30
Culturactiva
Auditorio Municipal Gustavo Freire
75 minutos
Estreado pouco antes da pandemia supuxo un tremendo éxito de público e prensa. Leo Bassi achéganos o seu mellor espectáculo dos últimos anos.
Bassi volve posicionarse fronte á extrema dereita nun momento de vital importancia para a sociedade cun espectáculo nado do auxe en todo o mundo da vella ideoloxía fascista. Un desafío directo á xente que ten loitado sempre por unha vida máis solidaria e humanista.
Yo, Mussolini é unha peza provocadora e divertida, pensada para xerar optimismo e dar ao público que sae do teatro gañas de resistir, ou, mellor, “risistir!” con intelixencia á intolerancia. .
Unha proposta desgraciadamente imprescindible nestes tempos.
ENTRADAS
A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo