viernes, julio 1, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

VIII Encontro Provincial de Cooperación cos Concellos

3 de diciembre, 2019 - 09:30

O VIII Encontro Provincial de Cooperación cos Concellos expoñerá diferentes perspectivas sobre a reforma local

O foro, dirixido a empregados públicos e representantes de administracións locais,
celebrarase o vindeiro martes 3 de decembro no Salón de Actos de San Marcos

CONFERENCIAS:

Despois da apertura oficial, a primeira será Os Gobernos locais intermedios:
presente e futuro das Deputacións Provinciais. Dereito Comparado, que impartirá Serafín
Pazos Vidal, responsable de Política Europea da Convención Escocesa de Autoridades Locais.

A segunda versará sobre A planta municipal: o problema do pequeno concello.
Fusión/supresión e outras alternativas. Análise das experiencias europeas, que dará Fernando López Ramón, catedrático de Dereito Administrativo na Universidade de Zaragoza.

E a terceira e última, será a que leva por nome O Concello como institución dinamizadora da localidade. O rol das cabeceiras de comarca, a cargo de Santiago Lago Peñas, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.

Arrancará ás 9:30 horas coa recepción dos asistentes e rematará ás 14:15 horas.

Detalles

Fecha:
3 de diciembre, 2019
Hora:
09:30
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
Teléfono:
982 26 00 00
Web:
deputacionlugo.org
X