15.5 C
Lugo
Sáb, 30 Sep 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

ADIADAS – Visitas ás instalacións de Aspnais

9 de febrero - 11:00

ADIADA – Visitas ás instalacións de Aspnais

Este xoves, día 9, vanse reanudar as visitas ás instalacións de Aspnais, na sua sede do antigo Hospital de San Xosé, na rúa de Santiago da capital lucense, instalacións inauguradas ao final do pasado ano.

As visitas ás antigas instalacións de As Areeiras e Rampa de Claudio López, comezaron con motivo do cincuentenario da creación desta Asociación de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual, para dar a coñecer aos lucenses o labor formativo, laboral e de empoderamento persoal dos seus usuarios.

Os que veñan por primeira vez, coñecerán de preto o que é Aspnais e a súa vida díaria. Os que xa estiveron nas antigas instalacións, poderán comprobar o cambio experimentado e mergullarse no ambiente cotián desta entidade que presta aos seus 185 usuarios con 81 traballadores uns servizos e atencións que merecen ser coñecidos polos lucenses.

As visitas, que se levarán a cabo todos os xoves, ás once da mañá, organizaranse en grupos de dez persoas e os participantes visitarán o Centro de día, talleres ocupacionais e Residencia, acompañados por directivos e técnicos da asociación, para ver en directo o traballo dos usuarios, as súas realizacións, e as magníficas instalacións que Aspnais ten conseguido para mellor cumprir os seus fins. A visita terá unha duración aproximada de unha hora, e rematará cun café con conversa, e foto de grupo, como se adoitaba facer na primeira etapa de visitas.

Quen desexe participar en algunha destas visitas semanais, pode chamar ao número 982.284107, en horas de oficina, para a súa inclusión no programa destas actividades.

Detalles

Fecha:
9 de febrero
Hora:
11:00
Categoría del Evento: