
- Este evento ha pasado.
Xornada – O humor na literatura de tradición oral
24 de octubre, 2020

Xornada – O humor na literatura de tradición oral
O humor constitúe un estado de ánimo exclusivo dos humanos. Sen ese recurso para transformar a realidade e para sorprender, a comunicación e transmisión de coñecementos e cultura entre nós quedaría moi limitada. O humor é liberador, axuda a relativizar situacións excesivamente serias e incluso as tráxicas, ademais de producir goce e efectos beneficiosos para a saúde.
O humor como método de comunicación e como recurso de socialización. O humor como estímulo e como virtude pero tamén como arma de dobre fío, segundo o uso que se lle queira dar; como factor afectivo ou, pola contra, como elemento crítico, denigrante, impositivo ou, incluso, destrutivo.
Con esta xornada dedicada a ‘O humor na literatura de tradición oral’ preténdese amosar como funciona ese recurso intrínseco, estrutural dentro dos xéneros de literatura tradicional popular, como inflúe na memoria ou como pode axudar a resolver situacións de conflito.