viernes, julio 1, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornada sobre a protección de datos persoais na administración pública

11 de abril, 2019 - 09:00

jornada

Xornada sobre a protección de datos persoais na administración pública

Trátase dunha iniciativa que organiza Deputación e Fundación Democracia y Gobierno Local e que terá lugar xoves 11 de abril no Salón de Actos do Pazo de San Marcos

A xornada ten como misión ofrecer a técnicos municipais e especialistas unha visión sobre as obrigas no cumprimento da normativa de Protección de Datos persoais na Administración Local

Está dirixida Alcaldes, Concelleiros, Deputados, Secretarios, Interventores, Directores de Asesorías Xurídicas, Letrados e outros funcionarios locais, personal académico… O prazo de inscrición está aberto en www.deputacionlugo.gal

Programación

A xornada arranca as 9:00 horas, coa inauguración oficial a cargo do Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Director da Fundación Democracia y Gobierno Local, Ramón Camp i Batalla. Ás 9:30 horas terá lugar a conferencia Cumprimento da normativa de Protección de Datos Persoais da Administración Local, á cargo da Xefa da Área do Rexistro Xeral de Protección de Datos da Axencia Española de Protección de Datos, Ana Vázquez Ruiz.

De seguido, ás 12:00 horas, será a conferencia Protección de datos personais e medidas de seguridade na Adminstración local, a cargo da licenciada en dereito e Directora Técnica de Datalawyers, experta en protección de datos e seguridade da información, Eva Rivera Fernández. As 13:00 horas, terá lugar Experiencia levadas a cabo na aplicación da normativa de protección de datos na Deputación de Pontevedra, a cargo do Delegado de Protección de Datos da Deputación de Pontevedra, Luís Feijóo García.

As 13;45 horas, celebrarase a conferencia A Deputación de Sevilla ante os novos retos de rexistro electrónico, transparencia e protección de datos, a cargo do Secretario Xeral da Deputación de Sevilla, Fernando Fernández-Figueroa Guerrero. Por último, ás 14:30 horas, será a clausura, a cardo do Xerente da Fundación Democracia y Gobierno Local, José Luís Moreno Torres.

Detalles

Fecha:
11 de abril, 2019
Hora:
09:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
Teléfono:
982 26 00 00
Web:
deputacionlugo.org
X