10.5 C
Lugo
Sáb, 1 Abr 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornada sobre Os Bosques Maduros

23 de noviembre, 2021 - 16:00

Os bosques primarios (aqueles que evolucionaron sen intervencións humanas) son hoxe extremadamente escasos. Con todo, de forma local aínda poden atoparse bosques ou rodais con certa madurez e cunha baixa pegada antrópica, polo menos no que a extracción de produtos se refire.

Pola súa extremada escaseza, pola súa complexidade e pola biodiversidade que albergan, os bosques maduros son obxecto de gran interese nas políticas de conservación, e polo tanto deben ser recoñecidos e protexidos. No escenario actual, a identificación, estudo e protección dos bosques maduros pode ser unha ferramenta de gran utilidade.

Polo tanto, o obxectivo desta xornada é dar a coñecer en Galicia o proxecto LIFE RedBosques, centrado nos bosques maduros Para esto contaremos coa presenza de dous integrantes deste proxecto, membros tamén de Europarc-España.

No seguinte enlace aparece máis información sobre este proxecto: http://www.redbosques.eu/

Detalles

Fecha:
23 de noviembre, 2021
Hora:
16:00
Categoría del Evento: