martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornada sobre trata de mulleres con fins de explotación sexual

23 de septiembre

Xornada sobre trata de mulleres con fins de explotación sexual

«Xornada sobre a trata de mulleres con fins de explotación sexual: situación e actuación en Lugo e retos de futuro»

Celebrarase o 23 de setembro, coincidindo co Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas.

 A xornada será no Salón de actos da Facultade da Formación do Profesorado, das 10.00 ás 14.00 horas e das 17.00 ás 20.00 horas. A entrada é libre ata completar o aforo.

Profesionais de distintas entidades dedicadas á atención de mulleres vítimas de violencias machistas, trata e explotación sexual falarán do traballo que realizan neste ámbito, así como os protocolos e os sistemas dispoñibles para atender ás vítimas.

A xornada arrincará ás 10.00 horas cun acto de inauguración no que estará presente a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Delegada do Reitor da USC para a Igualdade, Marta Pérez e a Concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, quen será a encargada de moderar a primeira mesa redonda: “Trata, explotación sexual e dereitos humanos”.

Nesta mesa participará a profesora da USC (Facultade de Humanidades), Beatriz Fernández, a coordinadora do “Programa de atención a mulleres vítimas de violencia, trata ou explotación sexual” de Cáritas de Lugo, Cristina García e unha representante do Foro Feminista de Lugo.

Tras unha pequena pausa, terá lugar a segunda mesa redonda: “Trata e prostitución en Lugo: a atención ás vítimas”, coordinada polo avogado de Aliad-Ultreira, Gerardo Pardo de Vera. Aquí daranse cita a traballadora social do “Programa de atención a mulleres vítimas de violencia, trata ou explotación sexual” de Cáritas de Lugo, Cristina Reguera, a psicopedagoga e educadora social do “Programa de atención integral á muller” de Cruz Vermella Lugo, Elena López, a coordinadora do programa de atención a mulleres vítimas de violencias machistas de Aliad-Ultreia, Ana Barba e a  psicóloga da Asociación Concepción Arenal, Raquel Lombao.

Xa en xornada de tarde, dende as 17.00 horas, proxectarase o documental Putadaguapa, un proxecto audiovisual protagonizado por estudantes entre 16 e 18 anos que falan, sen tabús, de temas que van dende a trata de seres humanos ata a súa relación co porno e a necesidade dunha mellor educación afectivo-sexual nos centros educativos.

Seguidamente a secretaria xeral de Cáritas Lugo, Mónica Yáñez, moderará a terceira e última mesa redonda da xornada: “Cara un final da trata e a explotación sexual das mulleres”, na que participará o responsable territorial en ACCEM Galicia, Daniel Bóveda, a axente de igualdade de Aliad-Ultreia, Mónica Gónzález e a presidenta da Asociación Bonhomía,  Fany Sánchez.

O acto de clausura poñerá o broche de ouro a esta cita, que nace con vocación de permanecer no tempo.

Detalles

Fecha:
23 de septiembre
Categoría del Evento:
X