jueves, noviembre 10, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

XV Xornadas Renais de ALCER Lugo

23 de octubre - 09:30

XV Xornadas Renais de ALCER Lugo

A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril (ALCER) organiza o vindeiro
domingo 23 de outubro, ás 09,30 hrs, no Salón de Actos do Hospital Lucus Augsti, de Lugo, a súa cita anual coas Xornadas Renais, nas que se achegará ás distintas facianas da Doazón e o Trasplante Renal.

Nesta edición, a decimoquinta, o tema a análise céntrase na Doazón e o Trasplante, para
amosar o que ven despois dunha, moitas veces, longa doenza. Trátase dun momento vital para doentes renais e familiares que conleva moitas vantaxes e non poucos cambios.

Coa intención de aportar información de interese sobre os pasos a seguer, antes, durante e
despois dunha doazón ou dun trasplante, ALCER organiza unha serie de mesas informativas
coa participacion de doentes e profesionais da saúde.

Os faladoiros virán organizados como un percorrido vital encamiñado á mellora da
saúde e as condicions de vida.

Punto de partida, Percorrido e Meta

A primeira Mesa, que leva por título “Punto de partida”, contará coa colaboración do Dr.
Miguel Ángel Fernández López, Médico especialista en Medicina Intensiva en el Hospital
Lucus Augusti, e o Dr. Constantino Fernández Rivera, Nefrólogo do Complexo
Hospitalario de A Coruña. Eles falarán da doazón e as súas distintas posibilidades, como a
doazón en vida.

A segunda Mesa, “Percorrido”, conta coa intervención de Dna. Alba María Fernández
Varela, Farmacéutica Hospitalaria do Hospital Lucus Augusti, que abordará os fármacos
inmunosupresores como elemento crave no trasplante.

Na terceira Mesa, “A Meta”, coñeceremos as experiencias persoais de quenes doaron ou
recibiron un ril: D. Fracisco Trashorras, Dna. María Esther De la Fuente, D. Daniel Arias
López e Dna Josibel García Benítez. Eles porán o selo emotivo ao visibilizar o que unha
doazón supón para un doente renal.

Autoridades e representantes de Alcer

A XV Xornada Renal “Doazón e Trasplante” enmárcase coa participación -na apertura e no
peche- de distintas autoridades en representación do Hospital Lucus Augusti, a Xunta
de Galicia, a Deputación de Lugo, o Concello de Lugo e ALCER-Lugo.

Detalles

Fecha:
23 de octubre
Hora:
09:30
Categoría del Evento: