
- Este evento ha pasado.
XX Exposición de Cogomelos
6 de noviembre, 2022

XX Exposición de Cogomelos da Sociedade Micolóxica Lucus, no Colexio Rosalía de Castro de Lugo (entrada pola Rúa Cambria, fronte ao Arquivo Histórico), o domingo, día 6 de novembro do 2022 en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas.
A Exposición de Cogomelos complementarase cunha exposición de traballos infantís sobre o mundo dos cogomelos, con outra exposición de paneis informativos sobre os distintos hábitats micolóxicos e os asistentes poderán ademáis contemplar unha presentación audiovisual informativa sobre micoloxía.
Á entrada facilitaráselles un díptico informativo sobre a propia Exposición e diversos consellos para a correcta recolla de cogomelos.
Membros da Sociedade Micolóxica Lucus atenderán durante toda a xornada ás preguntas e dúbidas da cidadanía, co obxectivo de impartir unha axeitada formación micolóxica e á vez previr intoxicacións por cogomelos.
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA
Colabora: Concello de Lugo (Área de Cultura) e C.E.I.P. Rosalía de Castro