Baldo Ramos trae a Iskoö papeis que reescriben o tempo, mapas da memoria, libros que mesturan poesía e caligrafía na procura deses vértices desde os que é posible comprender.

Mundo de xesto sereno, sen imposicións, traspasado por silencios de tinta.

Neses silencios o calígrafo sabe que a realidade é un espazo interior que se libera con cada trazo.

Inauguración: venres 8 de setembro ás 20:30 horas.
 

Iskoö Espacio – Rúa Cidade de Vigo, 11. Entreplanta, 27002 Lugo
Sobre Baldo Ramos:

Celanova | 1971

Poeta e artista plástico, a súa obra explora as interseccións entre palabra e imaxe.

É autor de trece libros de poesía: Raizames (2001) abre un ciclo que se pecha con Cartografía do exilio (2014).

Ten recibido, entre outros, os premios Arcipreste de Hita, Fiz Vergara Vilariño, Concello de Carral e os accésit do Premio de Poesía Iberoamericana Víctor Jara e do Premio Miguel González Garcés.

Os seus libros de artista téñense exposto en numerosas galerías e museos de España e Portugal e ten colaborado con outros artistas en proxectos como Os ollos das palabras (con Caxigueiro, 2012), Onde beben os cervos que amansou o calígrafo e As raiceiras do frío (con Carlos González Villar, 2014/2016), CaRa inversa e librosconversos (con Pepe Cáccamo, 2014/2016) e 1+1=3 (con Franck Meyer, 2015).