NOV 2017 O Movemento Internacional para Unha Nova Museoloxía – MINOM –  é unha rama do Consello Internacional de Museos (ICOM) que busca que as institucións museísticas xeren accións patrimoniais nas que se impliquen aos colectivos sociais. En recoñecemento da labor social que o Goberno da Deputación leva a cabo dende a Rede Museística Provincial decidiron que a institución a nivel mundial que custodie todo o seu o seu fondo documental orixinal, que recolle o conxunto do seu traballo en defensa do acercamento antropolóxico ao patrimonio sexa a Deputación de Lugo, concretamente no Museo de Tor.

Foi vital para a súa elección o traballo que vense realizando desde a Rede Museística Provincial,

facilitando o acceso e coñecemento sobre o patrimonio e a cultura da provincia a todos os lucenses, “aos seus verdadeiros propietarios”, por igual; e desenvolvendo programacións e actividades que rompen barreiras, dirixidas especialmente aos colectivos máis vulnerables (Fotografía a Cegas, Nós+Outrxs ou Culturas en Diálogo)  .

No Museo de Tor poderán consultarse documentos que recollen a intensa actividade desta corrente cultural internacional, que xurdiu en Portugal na década dos 70, durante os últimos 40 anos. Por exemplo, documentación dos seus encontros, reunións e congresos internacionais ou as memorias e dossieres de grandes pensadores mundiais da museoloxía social, como Hugues de Varine e Pierre Mayrand.


Fonte das fotos: Gabinete Comunicación Deputación de Lugo

A Deputación é a día de hoxe a única institución en España que traballa de xeito permanente dende os catro museos provincias con este modelo de sociomuseoloxía, que comparte co MINON.  Trátase dun modelo que estudan 9 universidades e 11 países e que fixo da Rede Museística Provincial un referente na corrente da Museoloxía Social en Europa.

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Secretaria Xeral do MINOM, Ana Mercedes Stoffel, asinaron estes xoves a acta de recepción de todo o arquivo documental orixinal do Movemento Internacional para Unha Nova Museoloxía. No acto tamén participaron o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, así como outro representantes do MINOM.

COMPARTE ESTE ARTIGO NAS TÚAS REDES