Galegos en Mauthausen, trae das brumas da memoria as vítimas do Holocausto



NOV 2017 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, vén de inaugurar, no Vello Cárcere, a mostra Galegos en Mauthausen, que lembra a memoria das vítimas do Holocausto.

Trátase dunha exposición de 40 fotografías e paneis, posta en marcha polo historiador Enrique Barreira en colaboración coa Asociación Galega de Amizade con Israel, que narran o horror no campo de concentración nazi.

Durante o acto, a edil reivindicou esta exposición como oportunidade para que o pasado non se funda no esquecemento. Serve ademais, segundo Basadre, para dignificar as vítimas de algo que non foi abstracto, o Holocausto, senón que é un feito histórico, con vítimas, «e polo tanto merece unha mención especial dentra da memoria histórica, que sempre enxalzamos neste espazo, no Vello Cárcere».
A exposición reflexa a vida de 177 galegos en Mauthausen (Austria) e conta a historia deses galegos republicanos que se atopaban en Francia cando Hitler invadiu Francia, e pasaron a campos de concentración, onde non sobreviviron todos.

O propio Enrique Barreira ofrecerá unha conferencia sobre esta exposición o día 15 de decembro, tamén no Vello Cárcere, a partir das 20:00 horas.

Horario da exposición
A mostra, que é de acceso gratuíto, poderase visitar todos os días da semana ata o 29 de decembro, en xornada de mañá, de 11:00 a 14:00 horas, e en xornada de tarde, de 17:30 a 20:30 horas os martes, mércores e domingos; de 17:30 a 23:00 horas os xoves e venres, e de 17:30 a 22:30 horas os sábados.



Símbolo con que «marcaban» ós prisioneros españoles