NOV 2017 Estamos de noraboa. Todos. E todas. Lucenses e visitantes. O noso Museo Provincial conta desde esta semana coa única sala específica de Arte Africano de Galicia. E todo grazas a un home da Terra Chá, da Feira do Monte, de Cospeito… Don Xoán Anllo. Non podía ser doutro lugar o responsable de esta xenerosa doazón, con todos os respetos a todos os lugares do mundo. Pero qué imos decir nos que medramos nas mesmas corredoiras e campos que Don Xoán Anllo! … pois decimos a verdade, que coñecemos ben ás súas xentes: os da Terra Chá son así, de dar, de coleccionar para que disfruten os demáis.
O contido da mostra estruturase en cinco grandes bloques: mobiliario, regalías, máscaras, escultura e ourivaría. Conta con 102 pezas únicas e destacan as máscaras, pezas empregadas fundamentalmente en tres tipos de celebracións ligadas á fertilidade, iniciación e morte. Hainas antropomorfas, zoomorfas, antropozoomorfas, que representan calidades como a nobreza, beleza ou coraxe.
Todos os interesados poden visitalas de xeito gratuíto. Está situada na Sala 29 do Museo Provincial de Lugo. O horario para visitar a exposición é de luns a venres de 9:00 a 21:00 horas, sábados de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.
O acto de inauguración estivo precedido pola actuación dun grupo de canto, percusión e danza tradicional africana.
Xoán Anllo
Xoán Anllo (Feira do Monte, Cospeito-1936) por razóns profesionais, xa que foi tradutor das Nacións Unidas, recompilou estas pezas nas súas viaxes por todo o mundo durante catro décadas. Nas súas numerosas estadías en África quedou fascinado pola arte deste continente, logrando conformar unha completa colección formada por máis de dous centenares de pezas.
Si clicas nas fotos… as verás máis grandes.
Comparte este artigo nas túas redes. O mundo debe saber que temos esta maravilla de Arte Africano no noso museo.