NOV2017 Estamos de noraboa, temos novo ciclo de concertos na cidade, chámase #LiberdadesSonoras e está argallado polo CLAP, Club Lúdico de Arte e Patafísica.
O primerio dos concertos do ciclo celebraráse o próximo mércores 15 de novembro ás 20:00 horas no Vello Cárcere coa banda danesa The Sonic Dawn (de balde ata completar aforo)
The Sonic Dawn, é unha viaxe: unha mistura de estilos psicodélicos dende o sitar pop jazz ata o heavy acid rock, no que se atopan cancións melódicas cun claro sabor a eses clásicos 60´s, cunhas voces soñadoras e unha presencia explosiva no escenario.
Según a crítica, estamos ante «a gran próxima banda da nova escea retro rock wave» (Rock Magazine) … nos acabamos de escoitar enteiro o seu álbum «Perception» ver e bucle o vídeo da súa canción «Down the line» e só podemos decir: o de esta xente no Vello Cárcere vai ser épico.
Moito, moito nivel hai aquí …