XAN 2018 Tras unha primeira convocatoria cunha gran afluencia de público, este xoves 18 ás 20:30 no auditorio do Vello Cárcere voltan as charlas científicas para todo o mundo «Achegando a ciencia«, co profesor de Física de Partículas José Daniel Edelstein, que ofrecerá a charla O Discreto oleaxe do cosmos, coa teoría da relatividade de Albert Einstein como fío conductor. Abordará a interdependencia espazo tempo, buracos negros, buracos de gusano e ondas gravitatorias, unha temática merecedora do premio Nobel de Física do ano 2017.

Achegando a ciencia no Vello Cárcere inclúe tres charlas máis, ata o mes de maio. Cada conferencia é independente. Deste xeito, calquera persoa poderá asistir á charla sobre a teoría que máis lle chame a atención, independentemente de ter acudido a algunha das anteriores.

Os poñentes son científicos recoñecidos internacionalmente e que teñen habilidades relacionadas coa divulgación científica, asegurando deste xeito que a charla sexa amena e totalmente accesible a calquera persoa que non teña nin o máis mínimo coñecemento científico.

Público asistente a la anterior charla

 

Tras a charla deste xoves, en marzo será a quenda de María Elena Vázquez, que centrará a conferencia nas matemáticas, base de todo coñecemento científico, e aproveitando que se celebra o Día Internacional da Muller, tratará o papel da muller na ciencia.

Elena González será a encargada de impartir en abril a charla O Estrambótico mundo cuántico, que versará sobre a física cuántica e na que presentará un mundo que parece escapar ao entendemento humano. Pecha o ciclo Xurxo Mariña, con Unha Viaxe á maquina da mente, sobre a neurociencia, onde se indagará o cerebro, a súa estrutura e as súas funcións. Previsiblemente, no mes de xuño terá lugar unha mesa redonda na que se debaterá sobre a conciencia, un dos temas máis difíciles de abordar dende a perspectiva científica.

O acceso a estas charlas é libre e gratuíto, ata completar o aforo do salón de actos do Vello Cárcere.

O ciclo Achegando a ciencia está organizado pola Concellaría de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, en colaboración co colectivo Caladiños.