DEC 2017 Con motivo do 110 aniversario da primeira interpretación do himno nacional en Cuba -o 20 de decembro de 1907- por impulso do intelectual Xosé Fontenla Leal  e musicado por Pascual Veiga Cultura do País programa una xornada de celebración o vindeiro mércores 20 de decembro a partir das 21:00 hs.

Os actos comezarán ás 21:00 hs. no Xardín de San Roque, ao pé do busto do músico rexionalista Xoán Montes, no que o Grupo Vocal Solo Voces interpretará varias pezas de creación galega e o noso himno nacional. Seguidamente, ás 21:15 no Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, 1 –baixo 5), a profesora da Universidade da Coruña Pilar García Negro impartirá una conferencia baixo o título ‘O himno galego: unha historia parlamentar (inconclusa)’, que versará sobre o seu labor como deputada do BNG no Parlamento Galego para recuperar a letra orixinal do himno nacional.