18/09 A partir de hoxe, luns 18 de setembro e ata completar prazas, está aberta a inscrición nos seguintes talleres do Campus Terra da USC-Lugo dirixidos a todas as persoas maiores de 18 anos (da universidade ou sen ter relación con ela):

Espazo de Danza (Dirección : Juan Carlos Zahera):

  • Ioga dinámico,danza creativa  e danza contemporánea impartido por Rosa Acuña
  • Bailes latinos impartido por Miguel Herrera
  • Danza oriental impartido por Mercedes Aguiar

Espazo de Fotografía:

Taller de fotografía química: un obradoiro que impartirá na Aula 8 da Facultade de Veterinaria o fotógrafo, Eduardo Ochoa, do Grupo Cinematográfico Fonmiñá. Inscrición: ata o 29 de setembro.

Os contidos deste obradoiro permitirán ao alumnado ampliar o seus coñecementos sobre o funcionamento dunha cámara fotográfica, ademais de aprender as técnicas e recursos para sacarlle todo o partido posible á imaxe no  laboratorio. O programa deste curso, o primeiro dos que celebrará o Espazo de Fotografía da USC en Lugo, tamén contempla o estudo da obra dos grandes mestres da fotografía.

As clases deste taller de fotografía química, estruturado en 25 horas formativas e para o que se ofrecen un máximo de 15 prazas, desenvolveranse os luns e mércores na aula 8 da Facultade de Veterinaria de Lugo en quenda de tarde, de 19.00 a 21.30 horas. As sesión formativas comezarán o 2 de outubro e rematarán o 8 de novembro.

 

O obradoiro de iniciación á fotografía dixital, impartido por Fernando Gago, desenvolverase desde o 2 de novembro ata o 14 de decembro na Aula de Informática da Facultade de Formación do Profesorado. Unha vez superado esta formación inicial, as persoas interesadas poderán ampliar os seus coñecementos e tamén a súa técnica nun segundo obradoiro de fotografía dixital que tamén impartirá Fernando Gago desde o 1 de febreiro ata o 15 de maio de 2018. As clases tamén serán na Aula de Informática da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo os martes e xoves en quenda de 19.00 a 21.00 horas.

 

Espazo de Cine: A oferta é variada e abrangue módulos que van desde a escrita ao guión, que será impartido por Pepe Coira; Produción, con Suso López; Interpretación e Dirección, con Jorge Coira, e dirección fotográfica, guiado por Bruno Máez.

 

A programación complétase cun último módulo de marcada orientación práctica e consistente na elaboración de curtas que estará coordinado por Andrés Goteira.

 

Espazo de Teatro: A Aula de Teatro USC-Lugo, coordinada por Paloma Lugilde, programa una reunión informativa o luns 25, ás 20.00 horas, nas instalacións da Aula de Teatro, sita no edificio de aularios da Facultade de Veterinaria. Os talleres que ofertan son: o obradoiro de iniciación e adestramento, unha formación obrigada para poder formar parte da Compañía de Teatro USC-Lugo, presenta diversos cursos monográficos, tales como:

  • un taller de iniciación ao teatro que será impartido por Xoán C. Laxe
  • un obradoiro de interpretación musical, que estará guiado por Xoán Fórneas
  • un taller de monicreques impartido por Marga Portomeñe, ou
  • un taller de enriquecemento para o ensino teatral, a cargo de Teatro do Miolo Producións.
 O obradoiro ‘Impulsos micro teatro visceral’, impartido por Lucecús Teatro; o taller performance ‘Pan , chocolate, pan con María Roja’, guiado pola propia María Roja; o obradoiro Escoitando-escoitarte, con José Campanari, completan a programación formativa da Aula de Teatro do Campus Terra da USC, un espazo artístico e formativo que mantén un ano máis na súa programación un obradoiro dirixido especificamente ao alumnado de IV Ciclo da USC e que nesta edición xirará arredor da figura e da obra de Castelao.

+ INFO E INSCRICIÓNS:
 

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades formativas programadas ao abeiro da Aula de Teatro e dos Espazos de Cine, Fotografía e Danza do Campus Terra da USC poden obter máis información na web da Área de Cultura da USC, onde tamén atoparán información sobre posibles recoñecementos académicos, nas dependencias da Oficina de Cultura da sede universitaria luguesa, a través do número de teléfono 982 821 513 ou no enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es

 

TAMÉN EN VIVA LUGO:

Xa podes participar no XXIII Maratón Fotográfico do Campus Terra

Programa de la 39 Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo