Mi madre no me deja – ver web

  • 25 profesionais, principalmente da provincia, participan no XXI edición do ArteSanFoilán
  • Amosarán os seus traballos en marroquinería, bixutería, coitelería, xoiería, pintura ou escultura, entre outras
  • Promociona e impulsa o traballo dos artesáns lucenses e galegos coincidindo coas festas patronais da capital

02/10 Nesta mostra, organizada polo Executivo Provincial, a través do Centro de Artesanía e Deseño,
participan profesionais cuxas pezas son de creación e produción propia. Ademais, todos os materiais empregados son transformados dende unas materias primas autóctonas: madeira, ferro, coiro, cerámica, etcétera. 

Lanalutum – ver web

Para a selección dos 25 artesáns puntuouse favorablemente a calidade e coherencia no uso de técnicas, tecnoloxías, materiais, cores e tódolos compoñentes do proceso de elaboración das pezas. Ademais valorouse a utilización de materias primas autóctonas; pezas que permitan unha fácil interpretación e ligazón co territorio; ou a innovación tanto nos procesos e materiais empregados como no uso das tecnoloxías de información. Tamén se tivo en conta a antigüidade da Carta de Artesá e se o Obradoiro está inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Os seleccionados son postos de marroquinería, bixutería, coitelería, xoiería, pintura ou escultura, entre outras disciplinas artesanais:

Celso Ferreiro Cuitelos Fonsagrada
Regal Cerámica
Carla Alfaia e
Rappa-Taller
Amalgama
Armaior
Tres Caracoles
A Feitura
Vidal Revilla Villegas
M&N
María Isabel Carril Quiroga (Lanalutum) 
Arte Imavi
Alejandro García Lourés
Senda
Barroenvivo,
Artesanía o mestizo
Ester Díaz Vidal
Mis Marinillas
O Sapo Chosco.
Lucecús
Patapúm
La Aguada Artesanias.
Chorima. 
Mi madre no me deja.

A mostra, que permanecerá na carpa da praza Anxo Fernández Gómez ata o vindeiro 15 de outubro, estará aberta en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas. A entrada, coma sempre, é totalmente gratuíta.

A mostra foi inaugurada o pasado sábado 30 pola Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez, e o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde.