Entre o 14 e o 25 de setembro (ata as dúas) podes inscribirte no Maratón Fotográfico do Campus deste ano,  e así optar a gañar 600 euros, diploma, sair nun catálogo e expoñer no CENTRAD … non está nada mal, non?

O mecanismo é moi sinxelo:

Inscríbite e o día 26 de setembro ás 10:00 horas, achégate á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, dicen os temas (un proposto por eles e un libre) e a percorrer ás rúas de Lugo: a sacar fotos para o tema proposto e para o libre para logo entregar unha de cada ao día seguinte pola mañá (nun cd facilitado pola organización – o ano pasado deixaban ir cun pendrive, descargaba a foto e listo, pregunta se este ano tamén se pode – )

As bases por riba (lee sempre as bases do sitio orixinal, neste caso: éstas)

Poden participar todas as persoas maiores de 18 anos: todas.

Podes participar en analóxico ou dixital, en branco e negro ou en cor.

Entregas unha foto para concursar no tema libre e outra foto no tema que comunicou a organización.

Editarán un catálogo e farase unha exposición con todas as fotos que a organización entenda validas para a sua mostra,  no Pavillón Central Centro de Artesanía e Deseño do 8 de novembro ao 12 de xaneiro. Aberta de luns a venres de 9:00 a 14:00 h

PREMIOS:

Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto pola organización, dotado con 350 euros, trofeo e diploma.

Premio á mellor fotografía do tema libre dotado con 250 euros, trofeo e diploma.

Expedirase un diploma acreditativo a todos os participantes.

O noso reporterio gráfico máis dicharachero participou o ano pasado e dí que: «organización excelente, trato de todos, persoal administrativo, da organización, xefes, xefas e xefazos … totalmente volcados no mesmo, moi recomendable, na expo sentes o cariño pola fotografía de todos os organizadores … gustaríame deciros pegas, chanchullos e demáis pero non non, como participante e espectador… xenial» Marcos Loopez

Recorda: Lee as bases na web oficial do Maratón, sobre todo para as especificacións da entrega (.jpg, tamaño etc) e temas legais

Organiza: Convenio LUGO CULTURAL, no que participan a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello de Lugo e a Deputación de Lugo coa colaboracióno Grupo Cinematográfico FONMIÑÁ.

Máis información e matrícula: Área de Cultura – Campus Lugo
Pazo de Montenegro  Praza Pío XII, s/n – 2º andar Praciña da Universidade s/n 27001 Lugo
(Horario de 9:00 a 14:00 h) 982 821 513 cultura.lugo@usc.es